Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

PORTOS DE GALICIA DECLARA A INNECESARIEDADE DA FRANXA LITORAL DO PASEO DA MARIÑA DE CEDEIRA

O Consello Reitor de Portos de Galicia vén de aprobar a declaración de innecesaridade da franxa litoral do Paseo da Mariña de Cedeira, unha superficie de 4.839m2 que ata o de agora son de titularidade autonómica. Tras o seu paso polo Consello da Xunta, a franxa pasará a mans do Ministerio de Transición Ecolóxica e daquela poderá ser cedida ao Concello de Cedeira. Avanza así unha tramitación que iniciou o Concello de Cedeira no ano 2021, ao solicitar a declaración de innecesariedade dos terreos.
Ainda que os establecementos hostaleiros pagan taxas a Portos, a realidade é que o Concello de Cedeira se fai cargo desde hai anos do coidado e mantemento dos espazos axardinados do Paseo da Mariña. A franxa que se quere pasar a mans municipais abrangue desde a praza da Marieta ata a Ponte Nova e os xardíns que seguen a liña de costa cara ao Camiño Area Longa.

Back to top