EL MUNICIPIO DE CEDEIRA ABRE EL PERIODO DE INSCRIPCIÓN EN UNA NUEVA EDICIÓN DEL CONCURSO “TAPAS DE OTOÑO”
O goberno municipal de Cedeira promove unha nova edición do certame Tapas de Outono que se desenvolverá os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro. A hostalería local ten ata o día 25 de outubro para apuntarse neste concurso que ten como obxectivos dinamizar o sector nunhas datas que tradicionalmente son frouxas no sector e amosar a calidade e variedade da gastronomía local.
Segundo as bases d esta nova edición, cada local hostaleiro poderá concurrir ao certame cun único petisco, no que deberá empregar ingredientes propios do outono. Aumenta o prezo de venda da tapa, ata os 3€, e o público poderá votar e participar así no sorteo dunha cea no establecemento que resulte gañador.
As tapas serviranse o venres 29 á noite, o sábado nos servizos do mediodía e da noite e o domingo 1 de decembro ao mediodía. As persoas que queiran votar deberán probar a metade dos petiscos que participen nesta edición do certame, e ter o selo correspondiente na papeleta. Nela consignarán 3, 2 e 1 puntos para os bocados que consideren mellores. Gañará o que máis puntos sume e o que teña máis votos de 3 puntos en caso de empate, sempre cun mínimo de 50 votos.
Los establecimientos hoteleros de Cedeira pueden llamar o enviar un Whatsapp al número de teléfono 697 479 710 o enviar un correo electrónico a noel.lopez@cedeira.gal.