Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO CAMPAMENTO DE VERÁN 2025 CONCELLO DE CEDEIRA

Información sobre o Campamento de Verán 2025:
O campamento de verán comezará o 1 de xullo de 2025 e estará organizado en quendas quincenais, segundo o seguinte calendario:

  • 1ª quincena de xullo: do 1 ao 15 de xullo
    2ª quincena de xullo: do 16 de xullo ao 1 de agosto (o día 25 non haberá campamento por festivo)
    1ª quincena de agosto: do 4 ao 16 de agosto (o día 15 non haberá campamento por festivo)
    2ª quincena de agosto: do 18 ao 29 de agosto

O horario do campamento contará con dúas opcións de entrada (ás 9:00 h ou ás 10:00 h) e dúas de saída (ás 13:00h ou ás 14:00 h), para adaptarse ás necesidades das familias.

Os/as nenos/as poderán traer algo de comer para tomar a media mañá.

O campamento desenvolverase nas instalacións do CEIP Nicolás del Río. A entrada realizarase pola porta situada no Camiño Real da Magdalena, onde para o transporte escolar.

Unha vez confirmada a admisión no campamento, será obrigatorio realizar o pago do importe correspondente e presentar o xustificante de pagamento, ben de forma presencial por rexistro, ben a través da sede electrónica do Concello de Cedeira.

Para calquera consulta, poden chamar aos teléfonos: 981 480 000 / 673 223 392 / 697479710
https://sede.cedeira.gal/sxc/es/informacion/tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20250625113006746.html

Back to top