Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CON SETEMBRO CHEGA A CEDEIRA O CICLO “CANTOS E CONTOS AO SOLPOR”, ESTE ANO NA DÉCIMA EDICIÓN

Coa chegada do mes de setembro aterra tamén en Cedeira, un ano máis, o ciclo “Cantos e Contos ao Solpor”. Chega á décima edición este programa de narración oral, sempre con sesións descentralizadas polas parroquias e asociado xa na localidade ao remate do verán. As funcións comezarán o vindeiro día 5 e continuarán cada sábado do mes de setembro.

O contador Carlos Rebolo, fundador de Ítaca Teatro, inaugurará o ciclo co espectáculo “Anacos”, o sábado 5 de setembro, ás 20.00h, no local social Tarroiba, en Santalla. O acto compartirá historias vividas, escoitadas ou construídas no imaxinario do cotiá.

A seguinte cita será o sábado 12, tamén as 20.00h, no local veciñal de Régoa. María de Pontragha levará a esta parroquia de Cedeira o seu espectáculo “Coa palabra na boca”, no que mistura historias e música tradicional para contar da xente, do amor, da liberdade e da desobediencia.

O local da Asociación Veciñal de San Román recibirá o ciclo de Cantos e Contos o 19 de setembro. Vero Rilo e Santi Cribeiro ofrecerán a función “Tralalareira”, na que contan e cantan como se fai arredor da lareira, con moito humor.

O 25 de setembro, último sábado do mes, o ciclo terá a súa sesión de clausura na vila, na praza Dionisia López. Lucía Aldao e Samuel Marino ofrecerán “Os nomes íntimos”, no que empregan a palabra falada e a música, así como a conversa co público.

Back to top