Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

BANDO DA ALCALDÍA ANUNCIANDO AS MEDIDAS PARA PODER PRESERVAR O BO ESTADO DAS PISTAS E CAMIÑOS MUNICIPAIS FRONTE Á ACTIVIDADE EXTRACTIVA FORESTAL

Pablo Diego Moreda Gil, alcalde do Concello de Cedeira FAI SABER QUE:

Para os efectos de poder preservar o bo estado das pistas e camiños municipais fronte á actividade extractiva forestal e poder garantir o normal uso dos viais afectados por esa actividade, o concello de Cedeira ADOPTA A SEGUINTE MEDIDA:

Os madeireiros encargados dos traballos de extracción deberán comunicar a este Concello, con carácter previo aos traballos referidos, xunto coa autorización de corta pertinente, os seguintes datos identificativos:

  • data e hora dos traballos
  • localización do predio (referencia catastral, nome do monte, parroquia e calquera outra denominación que permita a identificación inequívoca do enclave)
  • titular do predio (nome e apelidos ou razón social e NIF/CIF)
  • camiños e/ou vías a utilizar nos traballos

En cumprimento do establecido na Ordenanza municipal reguladora das actividades nos montes e espacios forestais do concello de Cedeira LÉMBRASE A OBRIGA de reparar de forma inmediata os deterioros producidos nos viais, ou nas estruturas anexas, así como a retirada dos restos procedentes das operacións de corta, carga e almacenamento.

Pódese descargar o bando na seguinte ligazón:

Descargar PDF Bando estado de pistas e camiños fronte á actividade forestal

Back to top