O CONCELLO DE CEDEIRA CELEBRARÁ ESTE DOMINGO SU ACTO INSTITUCIONAL DE REXEITAMENTO ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS
O Concello de Cedeira programa para este domingo, día 23, o seu acto institucional de rexeitamento ás violencias machistas. A conmemoración do Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller será un ano máis unha chamada á reflexión e unha invitación para que toda a veciñanza da localidade sume, coa súa presencia, a lanzar unha mensaxe común de tolerancia cero fronte a esta lacra.
O acto será ás 18.30h no Auditorio Municipal e comezará coa intervendión das voluntarias do Punto Lila de Cedeira, que presentarán “Baixo o Iceberg: visibilizando a violencia machista”. A continuación darase lectura ao manifesto institucional do Concello. A cita rematará cunha actuación musical de rexeitamento da violencia machista, a cargo do dúo local Dopaflor.