RESUMO DA ORDENANZA DE PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DE VÍAS E CAMIÑOS MUNICIPAIS
Texto íntegro publicado no BOP A Coruña nº 172 do 10 de setembro de 2025
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/09/10/2025_0000005798.pdf
O Pleno do Concello de Cedeira, en sesión ordinaria celebrada o día 29 de maio de 2025, acordou a aprobación inicial da Ordenanza de protección e conservación de vías e camiños municipais. Dito acordo quedou automáticamente elevado a definitivo ao non terse presentado reclamacións durante o período de exposición ao público, entrando en vigor o pasado 1 de outubro de 2025.
- Obxecto da ordenanza.
Garantir a conservación, uso axeitado e seguridade das vías e camiños de titularidade municipal.
- Ámbito de aplicación.
Quedan excluídas as seguintes actividades: cortas de autoabastecemento doméstico de leña realizadas por particulares, cortas de árbores illadas, podas e clareos, traballos de roza e limpeza, eliminación de situación de perigo.
Por corta e saca de madeira entenderase a totalidade das operacións que teñan por obxecto a obtención e transporte de madeira incluíndo operacións previas ou (desprazamento dos vehículos e a maquinaria, construcción de ramplas ou accesos ás fincas, etc.) como as posteriores (preparación e depósito da madeira, carga e transporte, recollida de biomasa e transporte da mesma).
- Comunicación previa.
Deberase informar ao concello cunha antelación de 15 días hábiles empregando o formulario normalizado que o concello pon a disposición.
- Fianzas.
As empresas deberán depositar unha fianza a favor do Concello, en efectivo ou mediante aval. Atendendo ao peso máximo autorizado as contías fíxanse en:
- 1500€ para peso máximo autorizado inferior a 16 Tm.
- 3000€ para vehículos de 16 Tm ou máis.
A fianza poderá ser substituída pola presentación de póliza de seguro de responsabilidade civil acreditando vixencia e cobertura para os traballos a realizar.
- Establécense como obrigas, entre outras:
- A sinalización das vías situadas nas zonas de extracción e depósito de madeira.
- A exposición dun cartel ao borde da vía cos datos de contacto da empresa.
- A limpeza de vías e xestión de residuos xerados.
- Infraccións e procedemento sancionador.
O incumprimento das disposicións da ordenanza poderá dar lugar a imposición de sancións económicas que varía desde os 750€ para infraccións leves ata os 3000€ para as infraccións moi graves, podendo ser reiterativas semanalmente mentras se manteña a situación de infracción tipificada.
- Responsabilidade.
Serán responsables as persoas físicas e xurídicas en calidade de empresa realizadora dos traballos. No suposto de non identificarse a empresa, as responsables serán as persoas propietarias das parcelas nas que se teñan realizado as actividades.
O concello ponse á súa disposición para calquera aclaración ou información adicional sobre a aplicación desta ordenanza. Poden dirixirse ás oficinas municipais , contactar a través do nº de teléfono 981 480 000 ou no correo electrónico correo@cedeira.gal.