Consulta pública: Ordenanza Municipal reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais do Concello de Cedeira
Este Concello pretende a aprobación dunha Ordenanza Municipal reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais do Concello de Cedeira.
Co obxectivo de garantir a participación dos cidadáns na elaboración da ordenanza e en cumplimento do disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas – LPACAP-, substánciase unha consulta pública previa para solicitar a opinión dos cidadáns e das organizacións máis representativas que potencialmente se poidan ver afectados pola mesma, sobre unha serie de aspectos como son os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias. No presente caso considérase unha duración de dez días hábiles para que se presenten as opinións a que fai referencia o artigo 133 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Establécese un plazo de 10 días hábiles para que cidadáns, organizacións e asociacións, que así o consideren, poidan facer chegar as súas opinións a través do rexistro.
No seguinte enlace podese consultar a Memoria en relación con la Ordenanza Municipal reguladora da protección dos camiños e vías públicas municipais do Concello de Cedeira: