O Concello de Cedeira pon a disposición dos veciños e veciñas o servizo de comunicación “Cedeira Informa”, unha ferramenta áxil, rápida e sen custo para recibir información sobre novas, axenda e servizos públicos a través da aplicación WhatsApp.
ALTA E BAIXA NO SERVIZO
Para darse de alta os interesados deberán seguir estes pasos:
- Faga clic aquí para unirse: https://whatsapp.com/channel/0029Vb6uFJ17z4kmEUbRoV3T
- Logo pulse “Seguir” e recibir as notificacións na campiña de arriba a dereita.
Desde momento comezará a recibir información sobre novas, actividades, programación cultural e outra información municipal.
Para darse de baixa o usuario só ten que deixar de seguir o canal.
DIFUSIÓN DA INFORMACIÓN
A información aos usuarios enviarase de luns a domingo, de 10 h a 20 h. No caso de tratarse dunha información de urxencia, emerxencia ou especial interese, remitirase no momento oportuno.
A información non se comunica mediante a creación dun ou varios grupos de contactos, polo tanto, aqueles que se deran de alta no servizo non coñecerán nin verán a través das comunicacións recibidas información sobre o resto dos usuarios do servizo.
A difusión da información aos usuarios deste servizo faise baixo a titularidade do Concello de Cedeira, que é o propietario do servizo. A través desta canle únicamente se recibirán mensaxes emitidas por parte do Concello.
NORMAS DE USO
Se estás a verse esta páxina co móbil e queres darche de alta na canle poñemos á túa disposición a seguinte ligazón: