O CONCELLO DE CEDEIRA PROMOVE UN PROGRAMA DE MELLORA DA CONVIVENCIA ESCOLAR NO CEIP E NO IES
O Concello de Cedeira promove unha serie de talleres dirixidos a mellorar a convivencia escolar que se están a celebrar xa no CEIP Nicolás del Río e que despois se desenvolverán tamén cos rapaces e rapazas dos diferentes niveles do IES Punta Candieira. A psicóloga Andrea Bechlian está a impartir sesións, adaptadas a cada curso, nas que se ofrecen ferramentas para comprender e xestionar as emocións, comunicarse de xeito respectuoso e resolver conflitos.
O programa, que leva por título “Convivir”, emprega unha metodoloxía participativa, lúdica e experiencial, a través de contos, xogos cooperativas, dinámicas de reflexión, análisis de situacións cotiás e representacións guiadas para practicar as habilidades traballadas. Con estas actividades, o Concello quere contribuír a crear unha convivencia positiva e evitar situacións de acoso nas aulas.
A actividade está estruturada nun programa de catro horas de formación, en talleres de dúas horas, para cada aula nos niveis de Educación Primaria. En Infantil o programa desenvólvese nunha hora, sempre en coordinación co profesorado.