ADXUDICADA POR 53.119€ A SUBMINISTRACIÓN DUNHA MINIESCAVADORA PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS
O Concello de Cedeira adxudicou por 53.119€ (IVE incluído) o contrato de subministración dunha miniescavadora e os seus implementos para a prevención de incendios forestais, á mellor das catro propostas presentadas. O investimento conta con financiación europea, un total de 30.000€ do programa Galicia Feder que foron xestionados polo goberno municipal diante da Consellería de Presidencia.
A parte de financiación municipal, 23.119€, cubrirase a través da incorporación de remanentes do ano pasado no orzamento do presente exercicio. A miniescavadora vai formar parte do parque móbil do Concello de Cedeira, cuxo persoal contará así con máis medios para desenvolver traballos de prevención de incendios, tales como a apertura e mantemento de faixas de biomasa, a limpeza de pistas, conservación de drenaxes ou mantemento de accesos a puntos de auga. A nova miniescavadora é unha máquina moi versátil, cun consumo de combustible optimizado e capaz de moverse en espazos limitados. Leva cadeas de goma para poder desplazarse sen dañar os pavimentos, entre outras ferramentas que lle proporcinan un acto rendemento.
Cómpre recordar que o municipio de Cedeira ten un 60% de superficie forestal, cun destacado conxunto de montes de titularidade pública e gran parte deles con relieves especialmente escarpados, os da Serra da Capelada. O Concello reforzara xa o seu equipamento coa compra dun tractor con brazo desbrozados no ano 2021 e un camión con guindastre en 2025, operacións nas que investiu máis de 221.000€ e que reforzaron tamén a capacidade da administración municipal para afrontar traballos de prevención de incendios.