CONTRATACIÓN DUNHA PERSOA MOZA COMO ADMINISTRATIVA INSCRITA NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL
O Concello de Cedeira ven de recibir unha subvención ao abeiro da ORDE do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Esta axuda esta cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1. “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02. “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”.
Con esta axuda, se levou a cabo a contratación dunha persona moza desempregada e inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, para un posto de Administrativo durante 9 meses a xornada completa, logo da oferta presentada na oficina de emprego de Ferrol segundo as bases da Orde de convocatoria. O obxectivo é mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas que non estudan nin traballan, inscritas como beneficiarias no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, mediante a prestación de servizos que lles posibiliten ás persoas participantes a realización dun traballo efectivo que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo.