O CONCELLO DE CEDEIRA EDITA E REPARTE UNHA GUÍA DE RECURSOS PARA CASOS DE VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O Concello de Cedeira vén de editar un folleto de man para divulgar os recursos de información e atención especializada en casos de violencia contra a muller. É unha publicación en tamaño reducido, pensado para que se poida levar incluso coa funda do smartphone, na que se detallan números de teléfono, páxinas web e apps de interese coa mensaxe “non estás soa”.
Imprimíronse 1.000 exemplares do folleto, no que se anima tanto ás vítimas de violencia contra a muller como a calquera persoa que coñeza ou sospeite dunha situación de violencia a acudir a pedir axuda. Entre outros recursos, na publicación están teléfonos de urxencias, dos Centros de Información á Muller de Ortigueira e Ferrol, datos de contacto de servizos 24 horas, como o Centro de Crise de Ferrol e o servizo 016 do Goberno central, así como accesos mediante QR á web da Delegación do Goberno adicada ao tema e tamén á aplicación Alertcorps, das forzas de seguridade, con diversas funcionalidades que son útiles para reforzar a seguridade de calquera muller.
Os folletos, que dobrados miden 7,4×10,4cm, están a disposición do público no Concello de Cedeira, no Centro de Saúde, nos Servizos Sociais, oficinas da Policía Local, no posto da Garda Civil e noutras dependencias e instalacións públicas.