Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XA ESTÁN EN MARCHA AS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA PISCINA MUNICIPAL DE CEDEIRA

O Concello de Cedeira informa do comezo das obras de ampliación da piscina municipal, adxudicadas en agosto por 586.850€ (IVE incluído). É unha actuación moi importante para o municipio e longamente esperada, que se fai realidade a través dun convenio de colaboración entre a administración local e a Deputación Provincial da Coruña. O prazo de execución é de sete meses.

O proxecto de ampliación da piscina permitirá superar a limitación do actual vaso, de 16×8 metros, e pasar a ter un de 25×11,6 metros homologable á inmensa maioría das piscinas semiolímpicas. Máis aló diso, a actuación aborda tamén a mellora da eficiencia enerxética de toda a instalación, que data de hai case 35 anos. Así, construiranse novos muros para sustentar unha renovada cuberta e a fachada do lado leste será de vidro illante, que permitirá o paso da luz natural. Aumentará a superficie de praia e a instalación terá novos equipos de depuración de auga, renovación e aire e iluminación.

Back to top