Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA OBTÉN 200.000€ DE AXUDA PARA FACER REALIDADE O “CENTRO MUNICIPAL DE REMO”

O goberno local de Cedeira acaba de recibir a notificación de que se resolveu favorablemente a súa solicitude de financiación para acometer o Centro Municipal de Remo. Así, o Concello recibirá 201.084,20€ para acometer esta actuación a través do programa do Fondo de Cooperación Local, que a Xunta habilitou para proxectos estratéxicos do eido municipal, e o Concello aportará outros 201.084,20€ para cubrir a totalidade do orzamento.

O Concello de Cedeira solicitou primeiro a Portos a concesión do chan necesario, un total de 468 metros cadrados de superficie na zona próxima ao peirao vello que actualmente se emprega como aparcadoiro. Unha vez recibida a concesión administrativa, o goberno local acudiu á convocatoria do Fondo Adicional do Fondo de Cooperación Local, cun proxecto que máis aló da construción dunha nave de servizos náuticos persigue a posta en marcha dun futuro Núcleo de Adestramento Especializado (NADE) en remo, no que poidan prepararse deportistas de alto nivel. O orzamento ascende a 402.168,39€ (IVE incluído).

O proxecto presentado polo Concello de Cedeira á citada convocatoria contaba de partida co apoio do Club de Remo local e da Federación Galega de Remo. Nel destácase a pegada do deporte no municipio, facendo un reconto dos mozos e mozas deste municipio que teñen pasado nos últimos anos polo Centro Galego de Tecnificación Deportiva en remo, natación e triatlón, así

A intención do Concello de Cedeira, co novo Centro Municipal de Remo é reforzar a imaxe do municipio como lugar para a práctica de actividades deportivas, e náuticas, crear oportunidades de difersificación económica e potenciar tamén o turismo deportivo, por medio da organización de estadías de adestramento de grupos en procesos de especialización deportiva e, ao tempo, a organización de competicións deportivas oficiais.

Back to top