Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2026

Xa se pode solicitar autorización para as fogueiras de San Xoán e San Pedro.

Faltan poucos días para a celebración do solsticio de verán e a tradición manda. Por todo o territorio acenderanse gran cantidade de cacharelas. Pero non debemos olvidar que é obrigatorio solicitar autorización no Concello para as fogueiras que se teñan previsto organizar, tanto nas noites do 20, 23 como nas do 27 e 28.

Estes permisos poden tramitarse dende o día 2 ata o 16 de xuño ás 14:00h, no Rexistro Xeral da Casa do Concello, ou ben a través da Sede Electrónica.

As persoas solicitantes poderán recoller ditas autorizacións favorables a partir das 11:00h da mañá do día 18 de xuño. A quen o solicitaran a través da Sede, responderáselles de xeito telemático.

Pódese descargar a autorización na seguinte ligazón:
SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN PARA REALIZAR FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO

Back to top