Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O PLAN ÚNICO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DEIXA ESTE ANO EN CEDEIRA PRETO DE 1,4 MILLÓNS DE EUROS

O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, xunto cos concelleiros Noel López e María Pernas, recibieron este luns á deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos da Deputación da Coruña, Cristina García Rey, coa que puideron visitar algunhas das actuacións executadas en Cedeira con financiamento provincial. A localidade conta este ano cun investimento provincial total de 1.393.554,32 euros a través do POS+2026, dous de 853.Á achega inicial do plan corresponden 967,52 euros e outros 539.586,80€ ao POS adicional aprobado o pasado mes de abril polo pleno da Deputación da Coruña.

Co POS Adicional, o Concello conta xa coa consignación orzamentaria para levar adiante seis novos proxectos: “Mellora de accesos e corrección de deficiencias en grupo escolar de Saa”, valorado en 137.955,48€; a ampliación da rede de saneamento en Guillade, na parroquia de San Román, por 73.322,60€ e en Veriño de Abaixo, en Régoa, por 53.878,93€; a instalación da nova fonte da Marieta, por 43.148,13€; a reforma do parque infantil do Floreal por 77.920,06€, e a mellora de camiños nos núcleos de Santallamar, Cordobelas, Magoira e Os Candales, por 87.937,81€.

No transcurso da visita, Cristina García e os representantes municipais achegáronse ao escolar de Corredoira, no que se levaron a cabo obras de reforma e conservación valoradas en 90.879,85€ con cargo ao POS+2023, así como á zona de San Isidro, na que se van levar adiante obras de posta ao día e mellora dos dous parques de xogos, o da área recreativa da Madalena e o da praza da Constitución. As dúas obras acaban de adxudicarse e contan con 165.552,70€ de financiamento do POS+2025.

Durante a visita, Cristina García puxo en valor o papel do Plan Único como ferramenta fundamental para garantir investimentos nos concellos e reforzar a súa capacidade de decisión. A deputada provincial destacou que o POS “naceu para deixar atrás modelos finalistas nos que outras Administracións decidían onde investir” e subliñou que é cada Concello o que define as súas prioridades en función das necesidades da veciñanza. A deputada incidiu tamén en que o Plan Único se basea en “criterios obxectivos e transparentes” que permiten unha repartición “xusta e equitativa dos fondos, goberne quen goberne”, ao tempo que favorece o traballo conxunto dos gobernos locais e dos grupos da oposición.

Desde a creación do Plan Único no ano 2017, a Deputación da Coruña investiu en Cedeira un total de 7.857.569,81€, que permitiron financiar 35 obras e outras actuacións no municipio. Do total acumulado, máis de 3,92 millóns de euros destináronse a investimentos directos en infraestruturas e equipamentos, mentres que máis de 3,25 millóns serviron para financiar gasto corrente municipal.

Entre as actuacións financiadas nos últimos exercicios figuran a mellora de parques infantís na praza da Constitución e na Madalena, actuacións de pavimentación en distintos camiños municipais, a creación de espazos verdes na rúa Silva ou a rehabilitación do Palacete.

Back to top