OBRADOIRO DE MEMORIA 2025. ESTIMULACIÓN COGNITIVA PARA PERSOAS MAIORES NO CONCELLO DE CEDEIRA
O Obradoiro de Memoria é unha actividade de continuidade que forma parte da programación habitual dos Servizos Sociais do Concello de Cedeira. Está dirixido á poboación maior do municipio e ten como obxectivo principal contribuír ao mantemento das capacidades cognitivas, especialmente a memoria, mediante técnicas de estimulación mental adaptadas. Desenvolverase ao longo do ano 2025 en diferentes localizacións: o núcleo urbano de Cedeira e as parroquias de Esteiro (Saa e Sisalde), Montoxo, Santalla e Regoa. Trátase dunha proposta descentralizada que busca achegar os recursos a todo o territorio municipal, fomentando a igualdade de acceso e a participación da veciñanza. Esta actividade está financiada pola Deputación da Coruña a través do Programa II de subvencións a concellos para financiar actividades de Envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2025.