El Auditorio Municipal acoge hoy una nueva proyección del ciclo de Mestre Mateo, “Luna de miel”
O Auditorio Municipal de Cedeira acolle hoxe venres, ás 21.00h, unha nova proxección no marco do ciclo Mestre Mateo, no que a Academia Galega do Audiovisual ofrece o máis destacado do cine en galego do último ano. Pasarase “Honeymoon”, unha película protagonizada por Javier Gutiérrez e Nathalie Poza que trata sobre un matrimonio en destrución. A entrada é de balde.
Eva e Carlos, os protagonistas de “Honeymoon”, forman unha parella en ruinas. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, mantennos unidos. Quizais unidos non sexa a palabra. Agora Jonás acaba de morir nun accidente absurdo a miles de kilómetros de casa, nos Estados Unidos, durante unha visita aos avós paternos, e a Eva e Caralos xa non os une nada. Só a necesidade case física de repatriar o cadáver do seu fillo. Só a necesidade case física de perderse de vista, e para sempre, despois.
Na axenda cultural e de lecer de Cedeira abrangue tamén o festival “Cedeira canta contra o cancro”, organizado pola xunta local da Asociación Contra o Cancro (AECC). A cita será o sábado, 11 de outubro, ás 20.00h no Auditorio Municipal e na cita actuarán unha serie de artistas e grupos musicais locais (Bea García, Arancha, Amalgama, Elsa López, Poema, Silveiras, Eles e nós, e Masé e Dopazo. As entradas venderanse a 5€ na billeteira desde as 18.30h e os beneficios irán á asociación AECC.