O ALCALDE DE CEDEIRA RECOLLEU ESTA MAÑÁ EN MADRID O TÍTULO DE “CIDADE AMIGA DA INFANCIA” DE UNICEF
O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, e o concelleiro de Mocidade, Noel López, estiveron esta mañá en Madrid para recoller o título de “Cidade Amiga da Infancia” que concede Unicef. No acto, que se celebrou no salón Ernest Lluch do Ministerio de Xuventude e Infancia, foron recoñecidas tamén outras 17 entidades locais de toda España e no mesmo púxose de manifesto, segundo afirmou Fernando Sequeira de Fuentes, vicepresidente de Unicef España, que o distintivo “non significa sinxelamente ostentar un selo, é un proceso de mellora a longo prazo”.
O alcalde, Moreda Gil, recolleu o recoñecemento da man de Rubén Pérez Correa, secretario de Estado de Xuventude e Infancia, e foi o segundo en achegarse ao estrado despois da representación de Laracha, o outro municipio da comunidade galega que foi distinguido este ano. Na súa intervención, Pérez Correa destacou que las ciudades de la red “adquiren un compromiso notorio coa infancia”, mentres que outra das intervintes no acto, Ángeles Espinosa, directora del Instituto Universitario de “Necesidades e Dereitoss da Infancia e a Adolescencia” da Universidade Autónoma de Madrid (IUNDIA), sinalou que “dando damos espazo aos nenos e nenas para opinar, estámoslles aprendendo que as súas ideas importantan e que poden ser axentes do cambio”.
O Concello de Cedeira leva anos traballando para abrir a política municipal á participación real e efectiva dos menores, tanto a través dos Orzamentos Participativos, dos que está a desenvolver a sexta edición, como da creación do Consello Local da Infancia e a Adolescencia Ondiñas na Vila, que xa levou tamén adiante os seus primeiros proxectos reais. Non foi un obxectivo senón unha consecuencia deste camiño o feito de poder entrar na rede de cidades amigas da infancia de Unicef, porén acadar o recoñecemento enche de orgullo ao goberno municipal.
En España hai actualmente, con estas 18 novas incorporacións, 311 entidades locais dentro da rede de Unicef. É un distintivo con catro anos de vixencia e que significa a implementación de políticas que teñen en conta aos nenos e nenas. Unha Cidade Amiga da Infancia é un sistema de goberno local comprometido cos dereitos dos menores, segundo a Convención sobre os Dereitos do Neno, e que pon en marcha políticas que consideran non so as súas necesidades, senón directamente as súas demandas.