Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MOREDA GIL ASINOU EN XIXÓN O PROTOCOLO DE COLABORACIÓN CO CAMIÑO DE SANTIAGO A VELA

O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, participou onte en Xixón na sinatura do protocolo de colaboración das 17 localidades nas que fai escala o “Camiño de Santiago a Vela”, unha iniciativa da asociación Northmarinas que leva xa dez anos navegando e que involucra nesta edición a 150 peregrinos e 25 embarcacións. Cedeira e Ferrol son os portos da zona nos que fai parada a expedición, que saiu o pasado 6 de xuño desde a vila francesa de La Rochelle e que chegará a Compostela despois dun total de 19 días de navegación, sete de descanso e unha última e necesaria andaina de cinco quilómetros.

No acto, no que exerceu de anfitroa a vicealcaldesa de Xixón, Ángela Pumariega, regatista cun oro olímpico, serviu para subliñar o interese do turismo náutico e a oportunidade de enlazalo coa tradición xacobea. Máis de duas mil persoas teñen participado no Camiño de Santiago a Vela, unha experiencia de combina cultura, deporte e gastronomía, desde que comezou no ano 2026.

Segundo a planificación da viaxe deste ano, os peregrinos teñen previsto arribar a Cedeira o vindeiro sábado 21.

Back to top