Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
Este evento xa rematou
-
Data
16 de Novembro de 2024
-
Horario
13:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Sábado 16 de novembro ás 13.00h no Auditorio Municipal.
Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións. Anímaste, xunto cos Bolechas, a experimentar cos instrumentos e crear novos ritmos?
Público familiar – Idade recomendada nenxs de 4 a 9 anos
Entrada de balde ata completar ocupación do espazo.