CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL, CONCELLO DE CEDEIRA, PARA A REALIZACIÓN DE ACCIÓNS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2025-2026, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN (PEPAC) 2023-2027
Os incendios forestais constitúen unha grave ameaza para as políticas de desenvolvemento
rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica, ambiental e social de Galicia. Actuar contra este desafío esixe promover accións integrais que promovan actuacións preventivas en todo o territorio, con especial intensidade nas zonas de medio e alto risco, de acordo cos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia.
Este concello ven de firmar un convenio ten por obxecto establecer o marco de participación e de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local, Concello de CEDEIRA, para o desenvolvemento das accións seguintes de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025/26, de xeito que se consiga unha maior eficacia na loita contra estes sinistros a través da optimización no uso de todos os recursos.