CEDEIRA MAR DE VIDA
Promoción do produto mariñeiro como fonte de saúde e hábitos de vida saudable
O proxecto «Cedeira – Mar de vida»céntrase na promoción de hábitos de vida saudables a través do consumo de alimentos de proximidade, poñendo especial foco napesca local e a actividade marisqueira local e fomentando a actividade física xunto cunha alimentación equilibrada.
A proposta recolle accións formativas con escolares, a través de obradoiros que se impartirán no centros educativos locais nos que participarán hostaleiros e prescritores de exercicio. Nestes empregarase material didáctico específico do proxecto, con todos os contidos necesarios para o traballo na aula. A actividade complementarase con saídas ao territorio, nos que os e as participantes poderán coñecer os espazos nos que se extraen os produtos locais do mar ao tempo que realizan unha actividade física de baixo impacto. Para demostrar tódolos coñecementos adquiridos, organizarase un certame escolar nos que poderán participar a través das súas receitas saudables con produtos locais e as súas novas rutinas de hábitos de vida saudable.
O proxecto teráa súa propia imaxe gráfica e poderán seguirse os seus progresos a través das accións de comunicación nas redes sociais municipais e en prensa.
«Cedeira – Mar de vida» é unha iniciativa promovida polo Concello de Cedeira, presentada á convocatoria de 2024 para a obtención das axudas no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, xestionadas polo GALP a Mariña – Ortegal.
O proxecto foi beneficiario da seguinte axuda:
IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO: 61.674,72 €
70% FEMPA | 43.172,30 €
30% Comunidade Autónoma | 18.502,42 €
Coste do proxecto por anualidades:
2024 | 14.555,04 €
2025 | 25.495,84 €
2026 | 21.623,84 €
CEDEIRA MAR DE VIDA ten como obxectivo estratéxicoo aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Como obxectivo específico ten desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.
Para alcanzar os obxectivos descritos levaranse a cabo as seguintes actuacións ao longo das anualidades 2024, 2025 e 2026:
Acción | 2024 | 2025 | 2026 | |
1 | Deseño da imaxe gráfica do proxecto | x | ||
2 | Accións de promoción | x | x | x |
3 | Elaboración de material didáctico | x | x | |
4 | Obradoiros con escolares | x | x | x |
5 | Certame escolar de estilo de vida saudable | x | x | x |
6 | Rutas guiadas para a posta en valor do territorio, alimentación sa e práctica de exercicio | x | x | x |