Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CAMPAMENTO DE NADAL DO CONCELLO DE CEDEIRA 2025

O Concello de Cedeira porá en marcha o campamento urbano “Concilia Nadal” para que as familias poidan compatibilizar obrigas laborais e vacacións escolares durante as vindeiras festas. Hai 50 prazas para nenos e nenas nados entre 2012 e 2021, ambos incluídos, e o prazo de solicitude está aberto ata o día 9 de decembro. Como en anos anteriores, o campamento desenvolverase nas instalacións do CEIP Nicolás do Río en horario de mañás, de 09.00 a 14.00h, de luns a venres.

O ”Concilia Nadal” funcionará os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro de 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2026. O campamento Concilia estará atendido por monitores e monitoras e as actividades a desenvolver serán fundamentalmente lúdicas: xogos, obradoiros e deportes.

Nas bases do campamento Concilia establécese que cinco das 50 prazas disponibles serán para nenos ou nenas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, cando estes teñan capacidade de integración co grupo. Na inscrición, terán preferencia os menores empadroados en Cedeira, e a continuación aqueles cuxos titores traballen no termo municipal. Atendendo a isto, a continuación tamén terán prioridade as unidades familiares nas que ambos proxenitores acrediten traballar polas mañás ou ben estar realizando un curso de formación na mesma franxa horaria. Nas bases, que están colgadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, está o formulario de inscrición e os documentos a presentar tamén pode consultalas nas seguintes ligazóns:

VER PDF Bases de selección para o campamento urbano de nadal 2025

VER PD Ficha de inscripción para o campamento urbano de nadal 2025

Back to top