Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA DENUNCIA ACTOS VANDÁLICOS NOS BANCOS DO PASEO MARÍTIMO NA ZONA DA REVOLTA

O Concello de Cedeira quere denunciar os graves actos vandálicos que sufriron durante as últimas noites varios bancos de madeira do paseo marítimo do Camiño Real, próximos á praza da Revolta. Desde o goberno local chaman a atención sobre a importancia de coidar o que é un patrimonio de todos e todas, custeado e mantido con fondos públicos e que está aí para ter unha vila agradable e que ofreza boas condicións para o paseo e a convivencia.

O Concello chama á veciñanza e a calquera persoa que sexa testemuña ou saiba quen é responsable ou responsables deste tipo de actos para que non os deixe correr e o poña en coñecemento do propio goberno municipal ou da Garda Civil. Cómpre ter un compromiso colectivo co coidado e mantemento do público, subliñan.

Back to top