Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SANIDADE DÁ POR REMATADO O EPISODIO PUNTUAL DE CONTAMINACIÓN NA MADALENA TRAS A ÚLTIMA ANÁLISE

A Alcaldía de Cedeira recibiu hoxe a comunicación da Consellería de Sanidade de que se dá por rematado o episodio puntual de contaminación microbiolóxicas na auga de baño da praia da Madalena. O informe especifica que a análise realizada con mostras tomadas o pasado día 9 resultaron con niveis aceptables de calidade.

Así, o Concello vai proceder de inmediato a retirar o cartel, colocado o pasado venres, cando a Consellería informou da existencia de contaminación, no que se avisba de que o baño non estaba recomendado.

Back to top