Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Descubrindo a riqueza do litoral a través dun programa de rutas tematizadas

O proxecto «Respira Cedeira»céntrase na promoción do patrimonio de Cedeira vinculado ao mar, creando produtos turísticos de ocio activo que favorezan o desenvolvemento do medio local. Deseñaranse así, 4 itinerarios para percorrer o litoral nos que se mesture cultura, natureza, turismo mariñeiro e patrimonio.

Así, nesta proposta desenvolveranse as seguintes propostas:

  • Actividade mariñeira: un percorrido para a posta en valor da actividade marisqueira en Valdoviño, destacando lugares de alta produtividade ou emblemáticos da actividade extractiva.
  • Flora e fauna local: un itinerario no que descubrir as especies que habitan ou visitan cada ano o litoral de Valdoviño, caracterizando a súa paisaxe e destacando as calidades deste espazo.
  • Concienciación a través da fotografía: unha visita polos espazos do litoral de maior riqueza e biodiversidade na que se realizará un traballo de concienciación sobre coidado do medio e a protección fronte a contaminación a través da fotografía.
  • O patrimonio do mar: unha ruta para coñecer en profundidade os elementos do patrimonio material da costa.

O proxecto «Respira Cedeira» é unha iniciativa promovida polo Concello de Cedeira, presentada á convocatoria de 2024 para a obtención das axudas no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, xestionadas polo GALP a Mariña – Ortegal.

O proxecto foi beneficiario da seguinte axuda:

IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO: 54.559,92 €

70% FEMPA | 38.191,94 €

30% Comunidade Autónoma | 16.367,98 €

Coste do proxecto por anualidades:

2024 | 11.651,04 €

2025 | 21.635,94 €

2026 | 21.272,94 €

RESPIRA CEDEIRA ten como obxectivo estratéxicofomentar a economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Como obxectivo específico ten incrementar a relación do sector pesqueiro e do produto pesqueiro en actividades de diversificación da zona costeira.

Para alcanzar os obxectivos descritos levaranse a cabo as seguintes actuacións ao longo das anualidades 2024, 2025 e 2026:

Acción 2024 2025 2026
1 Deseño da imaxe gráfica do proxecto x
2 Definición e deseño de 4 rutas tematizadas polo litoral x x x
3 Accións de promoción x x x
5 Programa de rutas tematizadas polo litoral x x

Back to top