Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O FESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS DE CEDEIRA “DENDE A NADA” VIVIRÁ A SÚA SEGUNDA EDICIÓN DO 7 AO 16 DE NOVEMBRO

O Concello de Cedeira desenvolverá a segunda edición do Festival de Artes Escénicas “Dende a Nada” do 7 ao 16 de novembro, cun programa que de novo concentrará espectáculos teatrais e obradoiros enfocados a amosar e provocar procesos creativos. O festival ten o obxectivo de afoutar o talento local e promover a súa participación nas artes escénicas, aproveitando os espazos municipais, e de tecer lazos con diferentes perspectivas e enfoques, contribuíndo a crear condicións e relacións das que poidan xurdir novos proxectos.

Nesta ocasión desenvolveranse seis obradoiros dirixidos por profesionais con carreiras contrastadas nas súas diferentes disciplinas: teatro físico, máscaras, loita escénica, dirección, música para artes escénicas… O arxentino Juan Martín Ozán e os ingleses Jamie Bradley, Rachel Bown Williams, Simone Jenkinson, Dave Price e Helen Baggett dirixirán os talleres, todos dirixidos a persoas adultas.

Haberá dous espectáculos teatrais, o 7 e o 14 de novembro. “Coa cabeza nas nubes”, da Cía Söa, será o primeiro. A obra, orientada ao público familiar, trata do xogo no seu estado de máxima pureza e do adulto que olvidou que algunha vez atrás tamén xogou. A segunda será “Para que non me deixes aquí soa”, de Julia Laport e dirixida ao público adulto, que explora as interseccións entre o fermoso e o grotesco.

No marco do festival proxectarase tamén a curta “From Here On”, da compañía Gecko Theatre, a cal conmemora o 85º aniversario do Kindertransport, cuando case 10.000 nenos xudeus tiveron un paso seguro ao Reino Unido dende a Europa ocupada polos nazis. Tras o visionado, programado para o 9 de novembro, abrirase unha conversa con integrantes da compañía.

Por último, o festival acollerá, o domingo 16, a presentación dunha peza orixinal, creada dentro dos obradoiros de música e de creación dirixidos por Dave Price e Simone Jenkinson.

Tanto para a inscrición nos obradoiros como para a reserva de entradas nos espectáculos pode enviarse un whatsapp ao número 649876614 ou correo electrónico a enrique.vazquez@cedeira.gal

Back to top