O CONCELLO DE CEDEIRA CONVOCA Á VECIÑANZA DA ZONA VELLA A UNHA REUNIÓN O VINDEIRO MARTES
O Concello de Cedeira convoca a veciños e veciñas da zona vella da vila a unha reunión que terá lugar o vindeiro martes, 7 de outubro, ás 18.00h no Auditorio Municipal. O obxecto deste encontro é poder abordar a problemática que existe co pavimento e explicar as medidas que se están a tomar.
O goberno municipal é consciente dos problemas que xeneran desde hai moitos anos as baldosas das rúas da zona antiga, unha obra que hai quince anos, que repetidamente se levantan, se afunden ou se rompen. Tal e como se informou no seu momento, o Concello contratou en agosto pasado un informe ao Centro Tecnolóxico do Granito para estudiar unha solución definitiva que poña fin aos continuos arranxos puntuais que se teñen feito ao longo dos anos.
A reunión do martes servirá para explicar directamente ás persoas afectadas.