Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA ABRE UN PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE MONITOR/A DE OCIO E TEMPO LIBRE

O Concello de Cedeira organiza un curso de monitor/a de ocio e tempo libre que proporcionará a quen o complete o título de primeiro nivel recoñecido e esixido pola Xunta de Galicia segundo o Decreto 50/2000 de 20 de xaneiro no que se refunde e actualiza a normativa en materia de Xuventude. Para realizar o programa é preciso ter 18 anos cumpridos e estar en posesión do título da ESO, técnico auxiliar en FP ou equivalente.

O curso desenvolverase do 21 de marzo ao 27 de xuño nas instalacións do CEIP Nicolás do Río, en horario de tarde os venres e de mañá e tarde os sábados. Hai 20 prazas, que se adxudicarán por orde de inscrición. As persoas interesadas poden apuntarse a través da sede electrónica do Concello de Cedeira ou ben presencialmente, no rexistro municipal, cubrindo o formulario ao que se pode acceder a través deste link: https://drive.google.com/file/d/1joF0d6INoMjYjlo-WVPDiidxOo3OIlPL/view

Esta é unha nova iniciativa da área de Promoción Económica do Concello de Cedeira para promover a inserción laboral. Con anterioridade xa se promovera outro curso de monitor/a de tempo libre, así como outro de servizo de bar e cafetería, e apoiouse á asociación O Beco na posta en marcha dun programa de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Tamén se teñen impartido diferentes curso de galego para facilitar o acceso aos títulos Celga.

Back to top