NON ESTÁ RECOMENDADO O BAÑO NA PRAIA DA MADALENA ATA NOVO AVISO POR UN EPISODIO PUNTUAL DE CONTAMINACIÓN
O Concello de Cedeira informa de que, tras as análises rutineiras realizadas polo servizo de control de riscos sanitarios, detectouse un episodio puntual de contaminación microbiolóxica na augas de baño da praia de Madalena. Por este motivo, atendendo a razóns de protección da saúde pública, non se recomenda o baño nesta zona ata novo aviso.
Unha vez as análises confirmen a recuperación dos parámetros de calidade das augas, comunicarase de inmediato á poboación.