Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

LISTADO DE PARCELAS AFECTADAS POR ORDES DE EXECUCIÓN E OBRIGAS DE XESTIÓN DE BIOMASA

O Concello de Cedeira vén de facer pública no BOE unha relación de parcelas situadas en zona urbana ou núcleo rural, suxeitas a procedementos de orde de execución (por incumprimento do deber de conservación das parcelas) nos casos que non foi posible practicar a notificación aos titulares catastrais, de xeito persoal, como adoita facerse.
https://www.boe.es/boe_n/dias/2025/09/23/not.php?id=BOE-N-2025-652964

Por outro lado, tamén se fixo pública no DOG unha relación de parcelas situadas en redes de faixas secundarias, das cales non se puido identificar aos titulares, coa finalidade de comunicarlles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas prohibidas existentes nas parcelas descritas.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250924/AnuncioL122-020925-0002_es.html

O Concello lembra a importancia de atender as convocatorias nos prazos establecidos para regularizar a situación das parcelas e evitar posibles sancións.

Back to top