Xuntanza e Ruta Cabalar Cedeira 2026
-
Date
5 de Setembro de 2026
-
Time
09:30 - 23:00
O sábado 5 de setembro celebrarase a Xuntanza e Ruta Cabalar Cedeira 2026, con punto de encontro no Polígono Industrial da Trabe.
A programación dará comezo ás 9:30 horas coa xuntanza no polígono. Ás 10:30 horas terá lugar a saída puntual da ruta en dirección aos montes da Capelada. A media ruta ofreceranse pinchos gratuítos para todas as persoas participantes. Ao remate regresarase ao polígono, onde se celebrará unha comida baixo carpa, aberta a todas as persoas que o desexen, sen ser necesario participar na ruta nin acudir a cabalo.
As inscricións deberán realizarse antes do 4 de setembro. O prezo da comida é de 30 € e inclúe paella, churrasco, pan, bebida, sobremesa, café e chupito.
A partir das 16:00 horas celebraranse as probas de andadura galega, incluíndo as modalidades de andadura chapada, andadura serrada e andadura galega de calidade, ademais do Trofeo José Jorge Muiño Veiga “José da Carballa” e unha categoría Sub-16 con medallas para todas as persoas participantes.
Será obrigatorio o uso de casco. Todos os participantes deberán contar con seguro de responsabilidade civil propio e presentar a documentación correspondente do cabalo. As decisións dos xuíces serán inapelables.