Tubby Stream, inchables e obradoiros
Este evento xa rematou
-
Data
21 de Decembro de 2024
-
Horario
16:30 - 20:30
-
Polideportivo Municipal
Avenida España, 60 - CP 15357 - Cedeira
O Concello de Cedeira instalará un ano máis un parque de xogos e atraccións no Polideportivo Municipal, convertíndoo nun espazo de ocio e lecer, de entrada gratuíta e a cuberto, para toda a veciñanza e as persoas que visiten a localidade. Esta proposta funcionará todas as tardes entre o día 21 de decembro e o 4 de xaneiro -agás os festivos do 24 e o 25, o 31 e o 1-, de 16.30 a 20.30h, e contará con inchables e obradoiros cada tarde, así como con outras propostas que irán variando día a día.
O espazo de lecer no Polideportivo municipal abrirá na tarde do día 21, o primeiro sábado das vacacións escolares de Nadal. Nas tardes do 21 e 22, xunto cos obradoiros e atraccións que estarán no parque durante todas as festas, instalarase un deslizador Tubby Stream, un inchable xigante con dous esvaradoiros para pequenos e maiores.