Teatro do Noroeste presenta “As damas de Ferrol”
Este evento xa rematou
-
Data
25 de Xaneiro de 2025
-
Horario
20:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Sábado 25 de xaneiro ás 20.00h. no Auditorio Municipal.
Teatro do Noroeste presenta “As damas de Ferrol” de Eduardo Alonso, dirixida por Clara Gayo, con Casilda Alfaro e Mónica Caamaño.
Coa colaboración da AGADIC – Xunta de Galicia
Público Adulto – Entrada: 3,5 €
Reserva no whatsapp 649876614 ou no correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal
Venda en taquilla desde unha hora antes da función.
Unha vez comezada a función non se permitirá o acceso á sala.
SINOPSE.
“As damas de Ferrol” é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan. Dúas mulleres incapacitadas… Pero non incapaces. Dúas mulleres que creron inxenuamente no destino que se esperaba de/para elas. Dúas mulleres absolutamente frustradas e culpabilizadas por non acadar un status social, económico e “romántico” que anhelaban e creron merecer, alomenos nalgún momento da súa vida. A frustración e a culpa teñen como resultantes directas a violencia e a ira, unha desesperación que trastorna o xuízo e o sentido da realidade, e, porén, a construción dun universo ou realidade con normas propias que se converte nun inferno. Pero, iso si, nun inferno coñecido. E como marco infinito, tanto físico como mental, tanto real como espiritual, se sitúa Ferrol. Un Ferrol vivido e vivencial, un Ferrol como espazo impreciso, máis interior que externo, que todo o colorea da súa especial personalidade de cidade irrepetible nun país irrepetible no espazo e no tempo, tan irrepetible como inexistente.