Teatro “A Nai”
-
Data
9 de Febreiro de 2025
-
Horario
19:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Domingo 9 de febreiro ás 19.00h no Auditorio Municipal de Cedeira.
Público Adulto – Entrada: 2,5 €
Amorodio Teatro presenta: A NAI
Unha obra de teatro documento e autoficcición na que nunca se perde o sentido do humor.
Sinopse:
A Nai é unha viaxe no tempo que explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.
Empregando a memoria como ferramenta de análise para o presente, e material de construción para o futuro, tendemos vías entre a vida das irmás e as nosas, na procura dun paradigma de acción ética que nos permita edificar unha sociedade mellor a través da acción individual, da colaboración.
Unha persoa non morre ata que o seu recordo esmorece no derradeiro corpo que a lembra. Hoxe espallamos o recordo de Lola, Julia e Amparo para transportar ao futuro a súa esperanza. Mantémolas vivas para que as nosas fillas poidan coñecelas. Mentres nazan nenas, haberá esperanza.
LOLA, AMPAROE JULIA TOUZA DOMÍNGUEZ rexentaban o quiosco da estación de Ribadavia. Polo seu quiosco desfilaron durante os anos máis duros do nazismo persoas: xudías, homosexuais, transexuais, roxas, mulleres e xitanas que escapaban do réxime alemá.
As irmás agochaban as persoas fuxidas un ou dous días na súa casa ata que algún dos complices da rede, taxistas da vila, levábaos á fronteira con Portugal. Pero esta historia nunca chegou a transcender, as propias irmáns Touza quixeron gardar en segredo a súa misión na rede, incluso anos depois da caída do réxime.
O Estado Inglés ten clasificados os papeis relativos a esta rede que se desenvolveu nos anos 40 por media Europa.
Esta é unha historia de reconciliación co ser humano, de xenerosidade, de valentía, de valor, de medo e de silencio a partes iguais.
As Touza prometeron gardar o segredo sobre as súa implicación nunha rede clandestina cara a LIBERDADE.