RUTA GUIADA DE SENDEIRISMO – CIRCULAR RÍO CONDOMIÑAS
Este evento xa rematou
-
Data
22 de Xuño de 2024
-
Horario
10:00 - 13:00
Ruta de dificultade baixa e 8 quilómetros, cun desnivel de 200 metros.
A saída e o final da camiñada será o parque “dos patos” no casco urbano de Cedeira, desde o que se segue o curso do río Condomiñas ata os muíños de Malde. Desde alí o regreso ao pobo é por pistas de asfalto, subindo ata a Ribeira e baixando por Fernando Lago para desfrutar do casco antigo. A ruta comeza ás 10.00h.
Realizarase dos días 22 de xuño, 3 e 15 de xullo, 28 de agosto e 9 de setembro.