Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación do libro “Por que ninguén falou delas?”

O Auditorio Municipal de Cedeira acolle este venres, 31 de xullo, ás 19.00h, a presentación do libro “Por que ninguén falou delas? O descoñecido ‘Patronato de protección a la mujer”, a cargo da súa autora, Belén López Cillero.
O libro Por que ninguén falou delas?, de Belén López Cillero, investiga a represión que o Patronato de Protección a la Mujer, institución creada pola ditadura franquista, exerceu sobre mulleres da clase obreira, analizando as institucións da posguerra e rompendo o silencio histórico sobre estes abusos. Esta obra pon o foco na memoria histórica das afectadas, explorando as dinámicas de control durante a ditadura
Back to top