Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Piazzokene

Este evento xa rematou

Xoves 7 de agosto ás 20:00h no Auditorio Municipal.

Piazzokene é un quinteto de recente creación que busca achegar un punto de vista novidoso ao repertorio camerístico mostrando as diferentes formas de entender e sentir o tango.
Partindo de América co compositor arxentino Astor Piazzolla, establécese unha unión cultural con Europa gracias ao repertorio creado para esta formación dende diversos países e
estéticas.
Este quinteto propón unha formación innovadora ao agrupar instrumentos de corda, vento e percusión, ademáis de mesturar timbres acústicos e eléctricos.
Está formado por Gabriel Domínguez (acordeón), Irene
Rosado (violín), Manuel Perpén (guitarra eléctrica), Henar F.
Clavel (piano) e Mateo López (contrabaixo).

Back to top