Ópera ao Solpor: Coronis, de Sebastián Durón, no Festival CedeirART
-
Data
22 de Xullo de 2026
-
Horario
18:30
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
No marco da V edición do Festival de Ópera e Música de Cámara CedeirART, celebrarase a representación de Coronis, de Sebastián Durón, dentro da programación Ópera ao Solpor.
A actuación terá lugar o mércores 22 de xullo, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Cedeira. A entrada será gratuíta con reserva previa desde as 20:00 horas.
Como novidade, ás 18:30 horas ofrecerase unha ópera didáctica para descubrir todo o que hai detrás da creación dunha ópera. A entrada será gratuíta ata completar a capacidade.