Obradoiro de Primavera
This event has ended
-
Date
18 de Maio de 2026
-
Time
09:00
A ANPA Picapeixe organiza un Obradoiro de Primavera para o vindeiro 18 de maio, día sen cole pero non festivo, coa colaboración da asociación Brincadeira.
De 09.00 a 14.00h, nas instalacións do CEIP Nicolás do Río, haberá manualidades e xogos nunha xornada dirixida a facilitar a conciliación e ofrecer un tempo de diversión e convivencia.
As prazas son limitadas, hai que apuntarse!!
É posible entrar ás 10.00 e saír desde as 13.00h.