Obra “Vicente Lorca”
-
Date
24 de Outubro de 2026
-
Time
20:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Este sábado, día 24 de outubro, ás 20.00h, chega ao Auditorio Municipal de Cedeira a obra “Vicente Lorca”, da compañía Óscar Cobos.
É unha proposta escénica de pequeno formato inspirada nas cartas que Vicenta lle enviou ao seu fillo, reflectindo o mundo da súa nai e a súa relación co seu fillo Federico. Trátase dunha obra de teatro, danza e música deseñada para tres intérpretes, cada un no seu papel, que, ao longo de 60 minutos, mostran a un Federico a través dos ollos da súa nai, Vicenta, “A muller que máis amo no mundo” – Federico García Lorca.
VICENTA LORCA non é un espectáculo de palabras. É un poema vivo. Unha actriz que encarna a Vicenta, un bailarín que percorre a vida de Federico desde o neno ata o home, e un pianista que é o pulso, o alento. Tres corpos no escenario. Tres linguaxes en diálogo: música, xesto e palabra. É unha viaxe onírica, cheo de imaxes poderosas: nacemento, educación, risos, perda, morte. Non está narrada con lóxica lineal, senón con símbolos que golpean directamente ao corazón. Porque estamos a falar de algo universal: a mirada dunha nai sobre a vida e a morte do seu fillo.