Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Mestre Mateo “Antes de nós”

Venres 24 de xullo ás 21.30 h no Auditorio Municipal.

Sinopse:
Unha parella, dous momentos. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entrelazadas: 1918. Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia. 1929. O matrimonio percorre Bretaña poucos meses despois da perda do seu único fillo. Dous seres rotos e un vínculo que xa non se entende. Unha viaxe que os unirá para sempre. Castelao antes de ser Castelao. Galicia antes da “xeración Nós”. Castelao e Virxinia antes de ser “nós”.
Duración: 85 min
Calificación por idades: Non recomendada para menores de 7 anos
Finalista nas categorías de:
Mellor longametraxe
Dirección de fotografía
Dirección de produción
Dirección
Guión
Interpretación Feminina de Reparto
Interpretación Feminina Protagonista
Interpretación Masculina de Reparto
Interpretación Masculina Protagonista
Dirección de arte
Longametraxe
Maquillaxe e Perruquería
Montaxe
Música orixinal
Son
Vestiario

Back to top