Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Jazz de Ría 2025

Este evento xa rematou

⛵🌊☀️ Aquí están as datas do Jazz de Ría 2025!! A novena edición do festival chega de novo a Narón, Neda, Cedeira e Valdoviño do 15 ao 19 de agosto.
☀️🌊⛵ Cinco días de concertos, roteiros e obradoiros. Cinco días de praia, natureza e o mellor jazz galego e estatal na Costa Ártabra. Vémonos alí?
En Cedeira acolleremos ao Coro da Ra!
⛵🌊 Desde 1993 e baixo a dirección de Ramón Bermejo, do Coro da Ra saíron algunhas das mellores cantantes do país, liderando agora os seus propios proxectos. Na actualidade conta con 50 voces mixtas e, nestes 30 anos de evolución constante levando ao ámbito coral o mellor repertorio soul e rock, achéganse agora cada vez máis á música galega e brasileira, incorporando autores como Chico Buarque, Marisa Monte, António Carlos Jobim ou Narf.
📍 A actuación terá lugar o luns 18/08 no Parque dos Patos (Cedeira)
Animádevos a votarlle unha ollada á programación do festival e achegádevos a desfrutar do Jazz arredor da Costa Ártabra!🎷
Back to top