III Campionato Mundial do Percebe
-
Data
6 de Xullo de 2026
-
Horario
10:00
O Campionato Mundial do Percebe nace en Cedeira co obxectivo de poñer en valor o percebe como produto gastronómico de excelencia, así como o traballo dos percebeiros e o vínculo histórico entre o mar, o territorio e a cultura atlántica. Máis aló da competición, o campionato concíbese como un espazo de encontro internacional que reúne a territorios percebeiros, profesionais do sector e referentes gastronómicos ao redor dun produto único no mundo.
Máis información:
https://campeonatomundialdelpercebe.com/