Festival Atlántica 2025
Este evento xa rematou
-
Data
4 de Xullo de 2025
-
Horario
20:30
Cedeira é unha das localidades nas que vai facer parada o festival Atlántica 2025, un singular evento de narración oral que se vai desenvolver en 25 lugares de Galicia, con 70 sesións e máis de 50 artistas. E os sanandresiños de Teixido son, nesta 13ª edición, o emblema do programa.
O adro da igrexa de Santo André de Teixido acollerá a sesión, o día 4 de xullo a partir das 20.30h, na que o antropólogo Rafa Quintía falará do fascinante mundo dos amuletos galegos. Maxia, menciña popular e narración oral mesturaranse nesta cita na que tamén participarán as caldupeiras da AVV Porto do Cabo.
Podedes consultar toda a información do festival aquí: https://festivalatlantica.gal/