Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festas na honra a San Isidro en Esteiro e Cedeira

As festas na honra a San Isidro celebraranse os días 15, 16 e 17 de maio de 2026.

O venres 15, a partir das 22:30 h, haberá gran verbena co grupo Punto Clave e DJ Wenry.

O sábado 16, ás 13:30 h, terá lugar a misa solemne seguida de sesión vermú co dúo Venegüay. Pola noite, a partir das 22:30 h, festa rachada con Venegüay e a orquestra Los Coleguitas.

O domingo 17 celebrarase o Día do Neno, con atraccións de festa.

Contarase cunha gran carpa.

Back to top