Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festas na honra a San Félix no Esteiro

O Esteiro celebrará as Festas na honra a San Félix os días 31 de xullo, 1 e 2 de agosto cun programa de verbenas e actuacións musicais.

A programación comezará o venres 31 de xullo. A partir das 20:00 horas haberá gran sardiñada e, a continuación, gran verbena amenizada por Dúo D’Vicio e DJ Luis Jorr.

O sábado 1 de agosto, tras a misa solemne e a sesión vermú, actuará o Dúo Veneguay. Pola noite celebrarase a verbena co Dúo Veneguay e o Dúo Boreal.

O domingo 2 de agosto terá lugar a misa solemne e a sesión vermú, seguida da actuación do grupo Caramba, que tamén amenizará a verbena da noite. Haberá, ademais, gran tirada de fogos de artificio ao remate da celebración.

Back to top