ESPECTÁCULO “APAGA O CANDIL”
Este evento xa rematou
-
Data
15 de Decembro de 2023
-
Horario
21:00 - 23:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Venres 15 de decembro ás 21.00h. no Auditorio Municipal de Cedeira Contraproducións presenta “Apaga o candil”de Cándido Pazó.
Entrada gratuíta.
Un espectáculo que pretende ser unha homenaxe a unha figura clave da tradición popular: Carlos O Xestal, músico, humorista e contador de contos. A peza toma como punto de inspiración estrutural e argumental os clásicos contos da visita da morte, unha tipoloxía de historias tradicionais universais que responden a un esquema máis ou menos semellante: un personaxe topa coa morte que lle vén anunciar que o seu final é inminente; o personaxe fai todo o que pode por enganar a morte e librarse do seu lúgubre designio, afán que acaba por resultar fatidicamente inútil. Na tradición galega este tipo de contos tenden a estar revestidos por unha pátina de humor e retranca que relativizan o seu carácter un espectáculo que pretende ser unha homenaxe a unha figura clave da tradición popular: Carlos o Xestal.